miércoles, 14 de junio de 2017

Sobre os Premios Xerais e un libro moi especial de Xurxo Mariño

Atopamos en Rede Lectura nova da concesión dos Premios Xerais 2017 que este ano recaeron en: Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo.
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:

A capacidade de asombro e a intensa potencia poética dalgúns feitos científicos son equiparables as representacións artísticas máis fondas. A falta de comprensión e dificultade que poden existir nalgúns procedementos científicos non son escusas para non abrazar o coñecemento que se xera. De igual xeito que é posible gozar con intensidade da música sen saber tocar un só instrumento ou sen saber como ler unha partitura, tamén é posible gozar da extrema capacidade de abraio e suxestión da ciencia sen coñecer os detalles das fórmulas matemáticas ou os experimentos de laboratorio. Dedicarse a explorar o pracer do coñecemento artístico ignorando este suculento anaco da torta é perder unha magnífica fonte para nutrir a alma

Xurxo Mariño, "Unha pedra negra"



No hay comentarios:

Publicar un comentario