viernes, 16 de junio de 2017

miércoles, 14 de junio de 2017

Sobre os Premios Xerais e un libro moi especial de Xurxo Mariño

Atopamos en Rede Lectura nova da concesión dos Premios Xerais 2017 que este ano recaeron en: Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo.
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:

A capacidade de asombro e a intensa potencia poética dalgúns feitos científicos son equiparables as representacións artísticas máis fondas. A falta de comprensión e dificultade que poden existir nalgúns procedementos científicos non son escusas para non abrazar o coñecemento que se xera. De igual xeito que é posible gozar con intensidade da música sen saber tocar un só instrumento ou sen saber como ler unha partitura, tamén é posible gozar da extrema capacidade de abraio e suxestión da ciencia sen coñecer os detalles das fórmulas matemáticas ou os experimentos de laboratorio. Dedicarse a explorar o pracer do coñecemento artístico ignorando este suculento anaco da torta é perder unha magnífica fonte para nutrir a alma

Xurxo Mariño, "Unha pedra negra"



lunes, 12 de junio de 2017

viernes, 2 de junio de 2017

Xa non estou aquí de Iria Misia

Iria Misia gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con esta novela realista artellada arredor da desaparición da protagonista, tal e coma a propia autora afirma:

Xa non estou aquí será a miña primeira obra publicada. É unha novela que fala de sentimentos universais: a necesidade de pertenza a un grupo, de comprensión, a soidade… A intriga artéllase arredor da desaparición da protagonista, misterio que se irá desentrañando ao longo da novela a través dos distintos puntos de vista dos personaxes. É unha novela coral onde quixen traballar o multiperspectivismo e así poñer de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.


lunes, 29 de mayo de 2017

Mala luna

Vientos del pueblo me llevan,
vientos del pueblo me arrastran,
me esparcen el corazón
y me aventan la garganta.
Miguel Hernández

Seguimos lembrando ao gran poeta Miguel Hernández e nesta ocasión escollemos a novela Mala luna de Rosa Huertas, xa que nalgunha ocasión foi unha das lecturas escollidas por algún dos grupos do noso club de lectura.



lunes, 22 de mayo de 2017

Premios II Gala do libro galego


Atopamos no blogue Rede Lectura nova da próxima celebración da II Gala do libro galego. Por certo, a obra premiada na categoría de Literatura infantil e xuvenil é Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Preme aquí se desexas coñecer máis información sobre este evento.


viernes, 19 de mayo de 2017

Lembrando a Miguel Hernández

Recordar a Miguel Hernández que desapareció en la oscuridad y recordarlo a plena luz, es un deber de España, un deber de amor. Pocos poetas tan generosos y luminosos como el muchachón de Orihuela cuya estatua se levantará algún día entre los azahares de su dormida tierra.
Pablo Neruda

Xa sabedes que nos gusta moito a poesía, así que este ano queremos ter moi presente a Miguel Hernández posto que se cumpriron 75 anos do seu falecemento o pasado 28 de marzo.

viernes, 28 de abril de 2017

Premio dos Clubs de Lectura 2017 para Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado vén de recibir o Premio dos Clubs de Lectura 2017 pola súa contribución ao impulso da lectura en galego entre o alumnado que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Parabéns!
Fotografía de Alberto Ramos. Créditos aquí.

lunes, 16 de enero de 2017

Marilar Aleixandre ingresa na RAG


A escritora Marilar Aleixandre ingresou oficialmente na Real Academia Galega o pasado 14 de xaneiro. Marilar, por certo unha autora moi lida no noso club de lectura dende a súa fundación, pronuciou un discurso titulado Voces termando da paisaxe galega que foi respondido pola tamén escritora Fina Casalderrey quen afirmou:

Marilar chega á Academia con cestos ateigados de ideas, de palabras descarreiradas coas que nomear os animais e as plantas todas, dende as que se refiren aos seres máis aparentemente insignificantes que pululan ao noso redor e que nos pasan desapercibidos, ata os que asoman por primeira vez. Son palabras que traerá escollidas, limpas. Talvez silenciadas ou discriminadas e que, como bióloga e literata atenta a poñerlle nome a todo o que respira, esixa rescatarmos.
Fina Casalderrey