martes, 31 de mayo de 2016

Chocolate e poesía


Este xoves os membros do club de lectura compartiremos poemas e bombóns no recreo.

O poema

Un poema é un ser vivo que anda,
respira, soña, chora, salouca,
ama, berra, cintila, escurece,
cala, aborrece a mentira,
sente odio e tenrura, desángrase,
fala de intimidade a intimidade
coas cousas e coa xente, suxere
mundos posíbeis e imposíbeis,
sua, cansa, sofre sede e fame,
adoece, agoniza. E nunca morre.

Manuel María, A luz resuscitada

martes, 24 de mayo de 2016

I Gala do Libro Galego

O que se reivindica tamén no libro é a libraría como lugar humano porque aí hai memoria, emoción, hai esa mediación entre o libro e as persoas.
Manuel Rivas
O pasado sábado celebrouse no Teatro Principal en Santiago de Compostela a I Gala do Libro Galego. Entre os premiados figura Manuel Rivas pola súa novela O último día de Terranova.

Para coñecer os outros premiados preme aquí.

lunes, 16 de mayo de 2016

Día das Letras 2016: Manuel María


SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.

Manuel María

Este ano, coma todas e todos xa sabedes, dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María. No noso blogue Bibliosansa podedes atopar algúns dos seus libros comentados. 

 

viernes, 13 de mayo de 2016

Cartas de inverno: a novela gráfica

Antonio Seijas recreou a popular novela de Fernández Paz nunha novela gráfica titulada, coma non podía ser doutra maneira, Cartas de inverno.
Así que xa sabes, se queres coñecer doutra maneira a historia de Xabier, Adrián e Tareixa este é o teu cómic.


viernes, 6 de mayo de 2016

Fontán

Hai xa unha temporadiña comentamos no blogue Bibliosansa a chegada á nosa biblioteca do libro de Marcos Calveiro sobre a figura do matemático e topógrafo Domingo Fontán nacido na Porta do Conde, concello de Portas, no 1788. Ademais dáse a circunstancia de que este ano  o alumnado de 3º e 4º de ESO participa nun intercambio epistolar co alumnado do CPI do seu concello natal co que nos reunimos o 21 de abril.


Para saber máis:

miércoles, 4 de mayo de 2016

La casa de los espíritus

Leyendo estos últimos, yo me he dado cuenta [de] que existe una realidad palpable sobre la cual se injerta otra realidad, creada por la imaginación, y que se envuelve de tantos detalles que llega a ser tan ‘real’ como la otra.
Miguel Ángel Asturias
La casa de los espíritus é o título da primeira novela da escritora chilena Isabel Allende. A novela, publicada en 1982, converteuse rapidamente nun superventas internacional e foi levada ao cine polo director Bille August en 1993.
A novela narra a historia de catro xeracións da familia Trueba cunha hábil mestura de realidade e fantasía, pois non en van se inclúe dentro do realismo máxico.


lunes, 2 de mayo de 2016

El curioso mundo de Calpurnia Tate

Callie, la narradora sincera e intrépida, es tan “lista como un árbol abarrotado de búhos” y no piensa desistir de su sueño de ser veterinaria ni de cualquier otra idea que se le ponga entre ceja y ceja.
Historical Fiction

Calpurnia Tate, máis coñecida coma Callie Vee, é unha das máis fascinantes personaxes da LIX dos últimos anos. Esta curiosa e intrépida texana segue decidida a converterse en naturalista e continuar perfeccionando os estudos de ciencia con seu avó no ano que vai comezar: o 1900. Callie presente que ese novo ano vai a ser moi especial:
«Entre el alboroto, la efervescencia y la solemnidad del gran acontecimiento, sentí que me hallaba al borde de un futuro espléndido en el nuevo siglo y que mi decimotercer año sería mágico».