Ledicia Costas vén de acadar o Premio dos Clubs de Lectura 2016 segundo podemos ler na na Resolución do 23 de abril da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se recoñece a autora ou o autor galego máis lido polos clubs de lectura de ámbito educativo.
Os títulos máis lidos de Ledicia o pasado curso nos clubs de lectura foron: O corazón de Xúpiter, Escarlatina, a cociñeira defunta e Unha estrela no vento.
E coma ao noso grupo nos gustou Avenida do parque, 17 continuamos con outra das novelas de Agustín Fernández Paz que rematamos de ler xa hai unha temporadiña: Cartas de inverno. Unha historia de terrror psicolóxico que nos conta coma un pintor, Adrián, compra unha casa encantada na que empezan a suceder estraños acontecementos...
O misterio é un dos compoñentes fundamentais da narrativa do escritor vilalbés tal e coma nos indica Montse Pena Presas:
Mas la base narrativa de la que parte está firmemente anclada en la
realidad, como si sus ficciones comenzasen en la tentativa de abordar
historias que le ocurren a gente normal, que incluso podríamos ser
nosotros. Sus escenarios son realistas (aunque en ocasiones acaban por
transformarse en fantásticos), acostumbran a ser localizaciones
concretas y contar con su nombre verdadero o con un pseudónimo que, sin
embargo, invita a identificarlas. Pese a esta primera atmósfera de
aparente tranquilidad, desde las primeras líneas el autor consigue que
el lector intuya (a través de prolepsis, creación de situaciones tensas y
comentarios de la voz narrativa) que algo importante, tan maravilloso
como extraño, va a suceder. (...)
Pero lo seguro es que ese hecho diferente se erige en el leitmotiv
que conduce la obra, en el elemento que guía a un receptor que, desde
ahí, ya solamente anhela conocer el final de la historia. Un final que,
especialmente en su producción juvenil, acostumbra a ser abierto,
incierto, tal vez problemático, enseñando de manera indirecta que, a
veces, la vida está llena de sucesos inexplicables y es un ovillo
confuso que hay que intentar desenrollar.
As lectoras desta novela de Jordi Sierra i Fabra veñen de rematar a lectura e de concordar en que esta foi gratificante, xa que combina a intriga cos enigmas matemáticos e está narrada de forma áxil e entretida.
O alumnado do club de lectura "Muchachada lectora" do CPI da Cañiza realizou uns sorprendentes planetas e asteroides despois da lectura do clásico de Saint-Exupéry. Premede aquí se queredes velos.
Velaí o meu segredo. É ben simple: só se pode ver ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos.
Saint-Exúpery, O principiño
O principiño a novela que o escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exúpery publicou en 1943 é sen lugar a dúbidas un dos clásicos do século XX.
Estes son algúns enlaces de interese sobre esta:
Xa hai un tempiño que rematamos de ler esta novela de Agustín Fernández Paz, pero aínda nos lembramos dela: do misterio, da casa encantada, da pantasma, do ordenador...