lunes, 19 de diciembre de 2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz no IES Laxeiro

Sabemos a través do blogue Biblio Laxeiro da homenaxe que están a realizar a Agustín Fernández Paz. Premede aquí se queredes coñecer os booktrailers sobre a súa obra realizados polo alumnado deste centro.

martes, 13 de diciembre de 2016

Alejandro Palomas: Un hijo

 Todo empezó el día que la señorita Sonia preguntó una cosa. En las ventanas había un sol amarillo muy grande y las hojas de las palmeras se movían como cuando papá se despierta temprano y me dice adiós con la mano en la puerta del cole, y como es invierno lleva puestos los guantes verdes.
Alejandro Palomas, Un hijo

Alejandro Palomas  recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil  pola súa novela Un fill, publicada simultaneamente en marzo de 2015 en catalán e castelán.  


jueves, 1 de diciembre de 2016

jueves, 24 de noviembre de 2016

Premios San Clemente

O Premio San Clemente, organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ten un xurado moi especial: o alumnado de bacharelato. Este ano os galardoados foron:
  • Premio en lingua estranxeira: Pierre Lemaitre por Irène.
  • Premio en Lingua Castelá: Sara Mesa por Cicatriz.
  • Premio en Lingua Galega: Xabier Quiroga por Izam o da saca.
Para saber máis:

lunes, 14 de noviembre de 2016

Lembrando a Roald Dahl


O pasado 13 de setembro cumpríronse cen anos do nacemento do escritor Roald Dahl. Clara xa nos  recomendou neste blogue a lectura das súas obras coma podedes ver premendo aquí. E tamén no noso antigo blogue foi unha figura moi presente.  

Para saber máis:

lunes, 24 de octubre de 2016

Bibliotízate

O Observatorio da Lectura e do Libro pon en marcha a campaña Bibliotízate, que se poderá seguir en Twitter desde o día 19 ata o día 24 de outubro co hashtag #bibliotízate, para celebrar o Día da Biblioteca.


Feliz Día da Biblioteca!

lunes, 17 de octubre de 2016

Un monstro vén a verme

Atopamos en Rede Lectura unha nova de interese: a publicación en galego da novela Un monstro vén a verme de Patrick Ness. Por certo, coma xa moitos e moitas sabedes, vén de estrearse a película (dirixada por Juan Antonio Bayona) baseada na novela.


lunes, 10 de octubre de 2016

Biblioteca e arte

Biblioteca escolar - Territorio da arte é  o lema escollido para os materiais destinados ás bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017. 



Por certo, en Rede Lectura atopamos catro libros sobre arte ben interesantes: O armiño dorme de Xosé Neira Cruz, Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e Reo de Xesús Fraga.

E por certo: benvidas e benvidos ao club de lectura un curso máis.

viernes, 17 de junio de 2016

Escarlatina...

Ledicia Costas recibiu o Premio dos Clubs de Lectura 2016 o pasado venres. Nós queremos aproveitar a ocasión para lembrar un dos seus libros: Escarlatina, a cociñeira defunta. Por iso vos queremos deixar un vídeo moi especial no que ademais se pode aprender a facer unha gorentosa empanada de mexillóns.


               

Vídeo atopado aquí.

lunes, 13 de junio de 2016

Unha biblioteca para Agustín

Unha biblioteca é unha luz
Agustín Fernández Paz 
 
A biblioteca do IES Basanta Silva vén de recibir o nome do coñecido escritor Agustín Fernández Paz tal e coma podemos ler no seu blogue.

Créditos da fotografía aquí.

lunes, 6 de junio de 2016

Premios Xerais 2016

"A emoción da lectura. Velaí a maxia. Acababa de atopar o mapa de todas as constelacións no mundo." 
Ledicia Costas
O pasado sábado 4 de xuño déronse a coñecer, nunha gala celebrada na Illa de San Simón, os gañadores dos Premios Xerais 2016:
  • Premio Xerais de Novela: Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos.
  • Premio Jules Verne de literatura xuvenil: Iria Misa con Xa non estou aquí.
  • Premio Merlín de Literatura Infantil: David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo.
Parabéns aos premiados!
Para saber máis:

martes, 31 de mayo de 2016

Chocolate e poesía


Este xoves os membros do club de lectura compartiremos poemas e bombóns no recreo.

O poema

Un poema é un ser vivo que anda,
respira, soña, chora, salouca,
ama, berra, cintila, escurece,
cala, aborrece a mentira,
sente odio e tenrura, desángrase,
fala de intimidade a intimidade
coas cousas e coa xente, suxere
mundos posíbeis e imposíbeis,
sua, cansa, sofre sede e fame,
adoece, agoniza. E nunca morre.

Manuel María, A luz resuscitada

martes, 24 de mayo de 2016

I Gala do Libro Galego

O que se reivindica tamén no libro é a libraría como lugar humano porque aí hai memoria, emoción, hai esa mediación entre o libro e as persoas.
Manuel Rivas
O pasado sábado celebrouse no Teatro Principal en Santiago de Compostela a I Gala do Libro Galego. Entre os premiados figura Manuel Rivas pola súa novela O último día de Terranova.

Para coñecer os outros premiados preme aquí.

lunes, 16 de mayo de 2016

Día das Letras 2016: Manuel María


SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.

Manuel María

Este ano, coma todas e todos xa sabedes, dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María. No noso blogue Bibliosansa podedes atopar algúns dos seus libros comentados. 

 

viernes, 13 de mayo de 2016

Cartas de inverno: a novela gráfica

Antonio Seijas recreou a popular novela de Fernández Paz nunha novela gráfica titulada, coma non podía ser doutra maneira, Cartas de inverno.
Así que xa sabes, se queres coñecer doutra maneira a historia de Xabier, Adrián e Tareixa este é o teu cómic.


viernes, 6 de mayo de 2016

Fontán

Hai xa unha temporadiña comentamos no blogue Bibliosansa a chegada á nosa biblioteca do libro de Marcos Calveiro sobre a figura do matemático e topógrafo Domingo Fontán nacido na Porta do Conde, concello de Portas, no 1788. Ademais dáse a circunstancia de que este ano  o alumnado de 3º e 4º de ESO participa nun intercambio epistolar co alumnado do CPI do seu concello natal co que nos reunimos o 21 de abril.


Para saber máis:

miércoles, 4 de mayo de 2016

La casa de los espíritus

Leyendo estos últimos, yo me he dado cuenta [de] que existe una realidad palpable sobre la cual se injerta otra realidad, creada por la imaginación, y que se envuelve de tantos detalles que llega a ser tan ‘real’ como la otra.
Miguel Ángel Asturias
La casa de los espíritus é o título da primeira novela da escritora chilena Isabel Allende. A novela, publicada en 1982, converteuse rapidamente nun superventas internacional e foi levada ao cine polo director Bille August en 1993.
A novela narra a historia de catro xeracións da familia Trueba cunha hábil mestura de realidade e fantasía, pois non en van se inclúe dentro do realismo máxico.


lunes, 2 de mayo de 2016

El curioso mundo de Calpurnia Tate

Callie, la narradora sincera e intrépida, es tan “lista como un árbol abarrotado de búhos” y no piensa desistir de su sueño de ser veterinaria ni de cualquier otra idea que se le ponga entre ceja y ceja.
Historical Fiction

Calpurnia Tate, máis coñecida coma Callie Vee, é unha das máis fascinantes personaxes da LIX dos últimos anos. Esta curiosa e intrépida texana segue decidida a converterse en naturalista e continuar perfeccionando os estudos de ciencia con seu avó no ano que vai comezar: o 1900. Callie presente que ese novo ano vai a ser moi especial:
«Entre el alboroto, la efervescencia y la solemnidad del gran acontecimiento, sentí que me hallaba al borde de un futuro espléndido en el nuevo siglo y que mi decimotercer año sería mágico».



lunes, 25 de abril de 2016

Ledicia Costas: Premio dos Clubs de Lectura 2016


Ledicia Costas vén de acadar o Premio dos Clubs de Lectura 2016 segundo podemos ler na  na  Resolución do 23 de abril da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se recoñece a autora ou o autor galego  máis lido polos clubs de lectura de ámbito educativo.


Os títulos máis lidos de Ledicia o pasado curso nos clubs de lectura foron: O corazón de Xúpiter, Escarlatina, a cociñeira defunta e Unha estrela no vento. 


jueves, 21 de abril de 2016

Cartas de inverno


E coma ao noso grupo nos gustou Avenida do parque, 17 continuamos con outra das novelas de Agustín Fernández Paz que rematamos de ler xa hai unha temporadiña: Cartas de inverno. Unha historia de terrror psicolóxico que nos conta coma un pintor, Adrián,  compra unha casa encantada na que empezan a suceder estraños acontecementos... 
O misterio é un dos compoñentes fundamentais da narrativa do escritor vilalbés tal e coma nos indica Montse Pena Presas:

Mas la base narrativa de la que parte está firmemente anclada en la realidad, como si sus ficciones comenzasen en la tentativa de abordar historias que le ocurren a gente normal, que incluso podríamos ser nosotros. Sus escenarios son realistas (aunque en ocasiones acaban por transformarse en fantásticos), acostumbran a ser localizaciones concretas y contar con su nombre verdadero o con un pseudónimo que, sin embargo, invita a identificarlas. Pese a esta primera atmósfera de aparente tranquilidad, desde las primeras líneas el autor consigue que el lector intuya (a través de prolepsis, creación de situaciones tensas y comentarios de la voz narrativa) que algo importante, tan maravilloso como extraño, va a suceder. (...)

Pero lo seguro es que ese hecho diferente se erige en el leitmotiv que conduce la obra, en el elemento que guía a un receptor que, desde ahí, ya solamente anhela conocer el final de la historia. Un final que, especialmente en su producción juvenil, acostumbra a ser abierto, incierto, tal vez problemático, enseñando de manera indirecta que, a veces, la vida está llena de sucesos inexplicables y es un ovillo confuso que hay que intentar desenrollar.


martes, 19 de abril de 2016

El asesinato del profesor de matemáticas

As lectoras desta novela de Jordi Sierra i Fabra veñen de rematar a lectura e de concordar en que esta foi gratificante, xa que combina a intriga cos enigmas matemáticos e está narrada de forma áxil e entretida.

Para saber máis:

martes, 12 de abril de 2016

Os planetas do Principiño

O alumnado do club de lectura "Muchachada lectora" do CPI da Cañiza realizou uns sorprendentes planetas e asteroides despois da lectura do clásico de Saint-Exupéry. Premede aquí se queredes velos.


jueves, 7 de abril de 2016

O Principiño

Velaí o meu segredo. É ben simple: só se pode ver ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos.
Saint-Exúpery,  O principiño 

O principiño a novela que o escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exúpery publicou en 1943 é sen lugar a dúbidas un dos clásicos do século XX.
Estes son algúns enlaces de interese sobre esta:
                 
Vídeo atopado aquí.

lunes, 4 de abril de 2016

Avenida do parque 17

Xa hai un tempiño que rematamos de ler esta novela de Agustín Fernández Paz, pero aínda nos lembramos dela: do misterio, da casa encantada, da pantasma, do ordenador...


jueves, 31 de marzo de 2016

Os libros máis lidos nos clubs de lectura o pasado curso

Queredes saber cales son autores e os libros máis lidos nos clubs de lectura das bibliotecas escolares galegas no pasado curso? Pois atopámolos no blogue Ler en mancomún.

En  canto aos libros: