jueves, 19 de febrero de 2015

Para un San Valentín retrasado: AMOTE LEO A. de Rosa Aneiros. Unha historia de amor, desamor e aventuras...






Por fin unha historia de amor na que  os protagonistas son xente intelixente e o amor é unha aventura constante. Rosa Aneiros, é unha veciña nosa (vive en Valdoviño) que despois de visitara moitos centros deuse conta que os alumnos demandaban este tipo de lecturas, de aventuras e de amores. No blog   Trafegando Ronseis explican así a experiencia de lectura dos rapaces de 1º de Bacharelato:


"Ámote Leo A é unha historia que non cae en tópicos absurdos e que permite ao lector e á lectora desenvoler a súa intelixencia, respectándoa e non idiotizándoa.  De todo hai nesta triloxía engaiolante: amor e desamor, viaxes, chistes, novas tecnoloxías, moita literatura (que pracer!) e unha lectura fluída que é quen de suxeitar e transmitir valores fundamentais como o amor fronte á posesión, a igualdade de xénero, a vontade -e reafirmación- dunha moza protagonista que se sabe posuídora da forza necesaria para superar os seus propios medos e a súa fouteza para superar calquera obstáculo ou pensamento negativo e contrario dos demais, o gusto polo descoñecido, a presenza negativa dos ciumes e a cultura do esforzo como único xeito de perseguir e conseguir os propios soños. E optimismo, a sensación de que podemos saír adiante... que alivio!"


Änimo e a leer...que as historias de amor non ten que ser empalagosas e ñoñas como vedes as hai moi intelixentes e divertidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario