miércoles, 8 de abril de 2015

Unha profesora norteamericana, especialista no fomento da lectura, gaña o nobel da educación








"Mientras la mayoría de los norteamericanos solo leen de seis a ocho libros al año, mis alumnos leen 40". Son palabras de Nancie Atwell, ganadora del Global Teacher Prize, considerado el Nobel de la enseñanza y dotado con un millón de dólares. A finales de los ochenta su libro ‘In the middle’ se convirtió en “manual de instrucciones” para enseñar a los adolescentes con dificultades a leer y escribir. Después han llegado nueve títulos más y muchas horas de trabajo en su escuela de Maine. Entre los finalistas al premio también había un español, César Bona, docente de Zaragoza. (www.aprendemas.com)


En Sansa, este ano, compramos, co diñeiro do club de lectura, un montón de bet sellers que vos nos pedísteis, alí tedes de todo, dende historias dun amor adoelescente desgarrado, ata as aventuras de vampiros, ou os mundos ficticios da ciencia ficción...hai para todos os gustos, libros de poucas páxinas e de moitísimas, dun tomo ou verdadeiras sagas, en rústica ou en edición máis elegante, comic o de lectura tradiccional...É impòsible non atopar o que vos guste, así que xa sabedes PASADE POLA BIBLIOTECA E MERGULLADEVOS NOS NOSOS FONDOS....O PASAREDES BEN, SEGURO

miércoles, 4 de marzo de 2015

MAÑÁ NOS VISITA HELENA VILAR JANEIRO


E por si era pouco nunha semá temos outra grandísima escritora que ven de visita: Helena Villar Janeiro



Deixovos o texto que Charo publicou no blog da biblioteca

"Mañá recibiremos a visita da escritora Helena Villar Janeiro que nos presentará o seu último libro Remontar o río, un  libro despregable en doce metros de papel no cal a poesía de Helena Villar Janeiro se combina coas ilustracións de Luz Darriba.
A escritora confesa que concibiu o libro, dedicado á súa nai Helena e a súa neta tamén así chamada, mentres subía polo río Danubio de Budapest a Linz. Remontar o río é un poemario no que o río, símbolo da vida na poesía, se converte en tema poético máis tamén en motivo de evocación da xuventude simbolizada no valse e a rosa. E sempre a presenza da música, especialmente Vivaldi, porque non en van As catro estacións do músico italiano, simbolizan claramente nel as etapas da vida.
Grazas a Helena por este poemario vital e evocador. Grazas a Luz Darriba polas ilustracións e grazas ás dúas por este libro, fermoso por dentro e por fóra"
Amor esa palabra
Xogando coas palabras nun insomnio
atoparás AMOR.
Amor é a palabra máis grande e misteriosa,
a única palabra para repetir sempre,
a que fixo tremer as paredes dos labios,
a que pode crebar os diques do teu sangue.
Amor, esa palabra,
que salta áxil do silencio á fuga
e que fixo imposible versos sen elexía.
Foi amor a palabra que te entregou á luz,
para que desfixese todos os teus contornos,
a que aflorou a dor
gardada na esperanza e na beleza.
Amor, esa palabra,
dona de bágoas, risas,
acougo, desconcerto,
desencanto, paixón,
a que converte as lágrimas
en viño metafórico
e o viño en amargura.
Amor era a palabra que escondían
xuntos o vals e a rosa e que rozou
os brancos almidóns e o encaixe virxe.
Amor é a palabra que tamén aparece
pregada entre unha saba ou un mantel
tinxida de cor sepia nun retrato,
feito olor na corola dun xasmín
e nas notas do merlo
que abre as portas do día ou se despide.
Helena Villar Janeiro, Remontar o río





martes, 24 de febrero de 2015

O martes ven a visitarnos Andrea Maceiras.





Estamos encantados porque o  martes, 3 de marzo vén a visitarnos Andrea Maceiras, e esperámola con moitas ganas.

En 2º e 3º de ESO leron  Nubes de evolución   cun éxito considerable, paseando pola biblioteca escoitábanse cousas como:

- Eu o primeiro día xa o tiña lido (Cristina Gudín)

- Gustoume porque é coma si a autora o sentira, e encantoume porque demostra que tres persoas de tan diferente caracter se xuntan e poden facerse amigos.(Sergio Pazos)





 No último  ciclo de Primaria e 1º de ESO leron Volverás Golfiño outro libro que os deixou engaiolados, por esa mestura de fantasía e realidade nun lugar tan fascinante coma é a Costa da Morte



Xa vos contaremos como saliu todo e colgaremos algunha foto, estade atentos


viernes, 20 de febrero de 2015

Oliver Sacks, neurologo, destaca a importancia da lectura na súa vida






A Oliver Sacks lle diagnosticaron un cancer terminal é dende a altura dunha vida larga (máis de 80 anos) e rica (é un reputado neurólogo e escritor ben considerado) fai balance e destaca aquelo que considera máis importante para ser feliz...e a lectura ten un papel fundamental..

"Hace unos meses, Sacks publicó un artículo maravilloso en The New York Review of Books sobre los recuerdos y la ficción titulado Habla, memoria. En él relataba como según envejecía iban surgiendo recuerdos cada vez más claros de su infancia; recordaba, por ejemplo, dos episodios en los que bombas nazis cayeron cerca de su casa en Londres cuando era un niño durante la II Guerra Mundial. Sin embargo, su hermano mayor le explicó que el primero lo había vivido, pero que el segundo se lo habían contado, porque en ese momento ya no estaba en Londres.
Este episodio le sirve a Sacks para hacer una larga disertación sobre la importancia de la ficción en la vida, porque al final lo que hemos leído y nos ha impresionado acaba por ser tan importante como lo que hemos vivido. “Nosotros como seres humanos hemos desarrollado sistemas de memoria que tienen fallos, fragilidades e imperfecciones”, escribe. “La indiferencia sobre las fuentes nos permite asimilar lo que leemos, lo que nos cuentan, lo que dicen otros y pensar, escribir y pintar, de una forma tan rica y tan intensa como si fuesen experiencias primarias. Nos permite ver y escuchar con los ojos y los oídos de otros, entrar en la mente de los demás, asimilar el arte y la ciencia y la religión de toda una cultura”.


Así que, rapaces, poñédevos a ler e seredes moito máis felices....

O artigo completo o tedes aquí

jueves, 19 de febrero de 2015

Para un San Valentín retrasado: AMOTE LEO A. de Rosa Aneiros. Unha historia de amor, desamor e aventuras...






Por fin unha historia de amor na que  os protagonistas son xente intelixente e o amor é unha aventura constante. Rosa Aneiros, é unha veciña nosa (vive en Valdoviño) que despois de visitara moitos centros deuse conta que os alumnos demandaban este tipo de lecturas, de aventuras e de amores. No blog   Trafegando Ronseis explican así a experiencia de lectura dos rapaces de 1º de Bacharelato:


"Ámote Leo A é unha historia que non cae en tópicos absurdos e que permite ao lector e á lectora desenvoler a súa intelixencia, respectándoa e non idiotizándoa.  De todo hai nesta triloxía engaiolante: amor e desamor, viaxes, chistes, novas tecnoloxías, moita literatura (que pracer!) e unha lectura fluída que é quen de suxeitar e transmitir valores fundamentais como o amor fronte á posesión, a igualdade de xénero, a vontade -e reafirmación- dunha moza protagonista que se sabe posuídora da forza necesaria para superar os seus propios medos e a súa fouteza para superar calquera obstáculo ou pensamento negativo e contrario dos demais, o gusto polo descoñecido, a presenza negativa dos ciumes e a cultura do esforzo como único xeito de perseguir e conseguir os propios soños. E optimismo, a sensación de que podemos saír adiante... que alivio!"


Änimo e a leer...que as historias de amor non ten que ser empalagosas e ñoñas como vedes as hai moi intelixentes e divertidas.

jueves, 5 de febrero de 2015

MERENDOLA DO CLUB DE LECTURA

Seguindo coas boas costumbres, este ano volamos a celebrar a nosa xuntanza tradicional para celebrar que disfrutamos lendo; a suer famosa e envidiada Merendola do Club de Lectura de do CPI de Sansa.

A cousa empezou tranquila, e a festa tiña boa pinta, pastelón, zumos e bombóns, stos últimos cortesía de Carmen, a profe de Lingua Castelá, que chegou ao club de lectura con moita forza.



Ao principio, os rapaces s estiveron un tanto tímidos. 


Pero en seguida se dedicaron a comer, parece que ler abre moito o apetito :)))


E ao final chegaron todos, esta vez non faltou ningún e mira que somos moitos os lectores do CPI...., ainda que case non cabían...



 Cando remataron con todo chegou o memento dos selfies e das fotos dos grupos