domingo, 9 de febrero de 2014

CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: EL ALQUIMISTA DE PAULO COELLO (GUILLÍN)

Esta recomendación que agora vos fago é un pouco inconsistente. Explícome...
Se me preguntades de que vai o libro non vos saberei responder. É curioso, lino hai bastante tempo, uns 14 anos, e foi un regalo dun amigo despois dunha situación persoal algo complicada...¿E por qué o recomendo logo? pois porque aínda que non lembre os detalles da historia (un rapaz andaluz, un pastor, deixa todo e vaga polo deserto perseguindo un sono...) o que si lembro perfectamente é a sensación que me deixou, a reacción que provocou aló dentro de min, moi adentro, lembro case as cores dos sonos que naceron da súa lectura...é difícil de explicar. É un libro que marca, sobre todo se es unha persoa con facilidade para deixarte levar a outros mundos, deixar voar a imaxinación e converterte en algo diferente. Por iso penso que é un libro especialmente indicado para un rapaz da vosa idade, na que todo se vive intensamente, todo é dramático, urxente, decisivo, único...Lembro o entusiasmo que me provocou, ese medio sorriso poñéndome na pel do protagonista, e rematei por crer que todo se pode conseguir, por moi imposible que pareza. Só hai que ser constante e crer, crer, crer...ao rematar de lelo estiven dúas semanas vagando como un tonto, algo desconectado desta realidade. Despois vas descendendo pouco a pouco...e volves a ser o de antes...ou non; porque nunca sabes ata que punto deixaches atrás o que eras e te transformaches no que es, ao ler o libro.
Facédeme caso, lédeo, e xa me contaredes...




No hay comentarios:

Publicar un comentario