martes, 14 de enero de 2014

LIN E GUSTOUME: IAGO PAREDES DE 3º DE ESO   RECOMENDA "DONDE LOS ARBOLES CANTAN" DE LAURA GALLEGO.



Empezamos o ano cunha recomendación lectora, a Iago gustoulle o libro de Laura Gallego e recomenda a súa lectura. A verdade é que parece que o rapaz ten bo gusto, o libro ten un ha pinta estupenda, é de xénero fantástico e incluso ten a sua propia entrada na wikipedia , ahí é nada. A historia é moi interesante, asi a resume a propia autora:

"Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida a  Robian de Castelmar dende que ambos eran nenos. Os dous estan namorados  e vanse casar en  primavera. Pero, nos festejos do solsticio de inverno,  advirten ao rei de Nortia e aos seus cabaleiros da amenaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian como o duque teñen que marchar á guerra. Na espera do seu namorado, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar ó seu regreso... e, tal vez, prestar atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque... o lugar onde os árbores cantan".

Este libro tivo un proceso de creación moi tecnolóxico, a autora, dende o seu twiter preguntaballe aos seguidores como continuar ou facía votacións para decidir o nome dos protagonistas...ela mesma volo conta dende a súa páxina web.

Espero que vos animedes a lelo, a pinta é estupenda e seguramente compraremos varios exemplares para a biblioteca.

Feliz ano a todos e que o 2014 sexa un ano de boas lecturas para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario