lunes, 28 de octubre de 2013

ESTE ANO USAREMOS LECTORES DIXITAIS


Ola a todos:

Como vedes este ano vamos a iniciar a aventura de ler cós lectores dixitais que mercamos o ano pasado, xa hay un grupo lendo con eles e de seguro contarán aquí a súa experiencia. tamén sabemos que varios dos profesores e algúns alumnos xa tedes un na casa, asi que entre todos vamos a intertar afacernos a este novo soporte. Lembra sen embargo que o libro de papel ten un nosequé (o tacto, olor, texturas, que é de material orgánico...non sei) que o fai insustituible, pero é importante que vaiamos cós tempos e alternemos entre medios dixitais e tradicionais en papel.

Outra cousiña, os e-books ou lectores dixitais non danan a vista, teñen o que eles chaman tinta dixital, pero hay applicacións moi interesantes e gratuitas para convertir as tablets en lectores dixitais


Aquí vos deixo páxinas de sitios para descargar libros gratis ou pagando de forma legal,  outros enlaces como este ou este ou mesmo a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) recomenda máis direccións (nalgunhas teredes que rexistraros, usade un correo deses pouco importantes, porque as veces mandan moito spam).

miércoles, 23 de octubre de 2013

Empezamos o novo curso

 Outro ano de diversión  lendo.....
Xa estamos organizados en grupos, xa eleximos os primeiros libros para ler, mesmo algún xa rematou, nunha tarde o que lle correspondía :) e pronto empezaremos a comentarvos como nos vai...

Este ano continuaremoss coas seccións que xa están en marcha: 

- Cando tiñamos a vosa idade
- Lin e gustoume
- Recomendacións lectoras
- Merendolas

e inauguraremos novas seccións que nos pidades.



Lembrarvos que podedes seguirnos a través de  facebook: https://www.facebook.com/sansa.liber

Para rematar un aviso da Biblioteca Municipal que gustou especialmente..
 
LIBROS GRATIS.
MAIS DE 200 NOVELAS XUVENÍS DE TODOS OS XÉNEROS NA SEGUINTE LIGAZÓN...
http://onlinelibrosgratis.blogspot.com/search/label/Juvenil

E TEDES TAMÉN A POSIBILIDADE DE VISITAR A NOSA BIBLIOTECA MUNICIPAL, PORQUE SEGURO QUE VOS INTERESAN MOITOS DOS NOSOS LIBROS. PALABRA DE BIBLIOTECARIA...